9.11.18

I edicion do Concurso Cambados Mar de Letras



Hoxe o Ies Asorey acolleu a entrega de premios da I edicion do Concurso Cambados Mar de Letras. Un acto co que se pretendeu poñer en valor a novos autores que emerxen xa na nosa Escrita, así como tamén homenaxear a memoria do noso Poeta Ramón Cabanillas. Un acto sinxelo pero coa solemnidade que os actos de recoñecemento da creatividade, merece e necesita.
As premiadas leron parte da suas obras, e evidenciaron a razón da súa seleccion pola calidade que atesouran. Acompañados polo inspector de educación da nosa zona José María Alén, Ramon Caride, Victor Caamaño e os membros do xurado Aurora Souto, Rocio Fondevila, Maria Gómez e Pablo Costa que interpretou maxistralmente ao piano a obra “primeira arabesca” disfrutamos da posta en marcha dun proceso colectivo. Domingo Tabuyo que falou no nome da comunidade educativa do Asorey, recolleu que hoxe premiaban o “saber facer”pero tamén o esforzo e o Compromiso coa lingua e a cultura propia, que serán tamén semente para outros rapac@s que descubrirían grazas a certames coma este, novos camiños creativos. Asimesmo, anunciou a aprobación dun convenio de colaboracion co Concello para asegurar e consolidar este certame.

Poñemos no voso coñecemento que as obras gañadoras do I Concurso Cambados Mar de Letras foron:
RELATO CURTO
• 1º PREMIO: NOELA SANJURJO CARBALLEIRA,
OBRA: TRIPOFOBIA
DO IES ANTONIO FRAGUAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

• ACCÉSIT: ZAIRA REY ORTEGA
OBRA: C.26 ( AMODO DE PRÓLOGO)
DO IES ASOREY DE CAMBADOS
POESÍA:
• 1º PREMIO: PAULA DOMÍNGUEZ BARREIRO
OBRA: REFRACCIÓN DUN CRISTAL
DO IES VALLE INCLÁN DE PONTEVEDRA
• ACCÉSIT: LUCÍA BOULLOSA ÁLVAREZ
OBRA: EL
DO IES ASOREY DE CAMBADOS

0 comentarios:

Publicar un comentario