24.5.19
9.5.19
ARTSOREY 2019
Este venres 10 de Maio de
2019, ás 20 Horas, inauguraremos en EXposalnés, en Cambados, a III edición de
ARTSOREY., este ano co título de Tempos Maiores. E facémolo en colaboración coa
Concellería de Cultura do Concello de Cambados, a quen lle agradecemos a súa
colaboración e apoio.
Como sabedes xa de edicións
anteriores, consiste nunha mostra
colectiva de Alumnado, Profesorado e Artistas convidados, con obras
centradas ou orientadas a ese nexo común que , neste caso, é a terceira idade.
Está estructuradas en diversas
seccións que apostan enfoques complementarios da idea común. Así:
·
DeFotos, que
compara fotos antigas, do arquivo de Adela Leiro, con fotos modernas do mesmo
espazo, feitas por Maribel Iglesias.
·
Interpretarte, con obras que recrean cadros
clásicos baixo a visión de alumnxs de 2º da ESO c
·
Proxección
da pirámide de Poboación de Salnés 2033, feita por alumnado de 3º ESO
B
·
DeMilOlladas,
cámaras de fotos e proxectores antigos, da colección de Pilar Castro.
·
Proxección
do vídeo: O vello que foi un neno que soñou cun tesouro… Vídeo
Submarino de Angel M. Rey e Francisco Ventoso.
·
Exposición
de cadros de diversos de profesorxs, alumnxs e artistas
colaboradores: Gerardo “Chere”, Gago, Susana Suniaga, Victor Fernández Mouriño,
Gemma Pérez Feijóo, autora do cartel, e moitxs máis.
·
Proxeccións
de sombra, fotos de Mariña Chaves, alumna de 1º bach.
·
Microrrelatos entorno a unha imaxe, unha selección de
obras de Marcos, Lucía e Julia Boullosa; Diego Luezas, Alba Vázquez e Xaquín
Arenaz.
Asimesmo, haberá un viño de
inauguración e uns petiscos para compartir unha nova edición de Artsorey e
poder comentar e disfrutar das diversas aportacións artísticas da nosa
Comunidade Educativa. Pensamos, creemos e defendemos que, as moitas capacidades
do noso colectivo do Asorey, debe ser mostrado e coñecido fóra do recinto
escolar.
O acto contará con actuacións
musicais. Cris Presas e os seu violonchelo, e a nosa compañeira Aurora Souto e
o grupo XámalleXe, que porán a harmonía imprescindible para que todo resulte perfecto.
Contamos con vós : O Venres 10
ás 20 horas. Sabedes que os medios de comunicación sodes importantes para nós.
3.5.19
2.5.19
DEPORTE NA RUA
Onte xoves día 2 de Maio, o
IES Asorey celebrou en Fefiñáns o Día do
Deporte na rúa.
O 25 de Abril, celébrase o Día
do Deporte na rúa, e tendo todo preparado, pola climatoloxía adversa houbo que
posponer a súa realización, ata esta semana, onde o sol volveu a acompañar o
desenvolvemento da sesión.
Os alumnxs de 1º e 2º da ESO,
máis dun centenar deles, realizaron
diversas actividades deportivas e xogos na Praza de Fefiñáns. Unha maneira de
facer visible a interconexión que nunca deberá perderse entre a cidade e os
seus espazos, e o seu disfrute como zona de vida saúdable e de lecer.
Turistas, cambadesxs e membros
da comunidade educativa do Asorey, acompañaron o desenvolvemento desta
actividade, que modificou a rutina habitual da zona de Fefiñáns.
Baixo a coordinación do
Profesor Pablo Cuervo, ao longo de dúas horas, a música e as prácticas
deportivas, puxeron cor e alegría nun espazo emblemático do noso Concello.