25.11.18

22.11.18

Visita ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura

Visita do alumnado de primeiro de Bacharelato ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura coa fin de ver a exposición "Castelao Maxistral" onde se exhibe por vez primeira en Galicia a obra " A derradeira leición do mestre", debuxada na Arxentina en 1945 por Castelao. A obra consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires. A pintura baséase na estampa número 6 do libro "Galicia mártir", publicado por Castelao no 1937. O tema é o mestre asasinado na Guerra Civil española ante uns nenos conmocionados pola dor. A escena tráxica amosa o paralelismo entre o fusilamento do mestre e o do seu amigo, o intelectual Alexandre Bóveda, o 17 de agosto do 36.

13.11.18

Simo 2018. Viaxe ciclos formativos Administración e finanzas e Telecomunicacións


Coñecendo Madrid: barriodasletras, a latina, plaza maior, Porta do sol, Palacio Oriente, Almudena, Cibeles, visita a medialabprado, Porta de alcalá, O retiro, templo debod ...
Con visitas a museo reina sofia: guernica; fundaciontelefonica, conferencia gittogether de emprendedores no campus madrid google. Visitas e asistencia a talleres e conferencias en Feira Simo. 



9.11.18

I edicion do Concurso Cambados Mar de Letras



Hoxe o Ies Asorey acolleu a entrega de premios da I edicion do Concurso Cambados Mar de Letras. Un acto co que se pretendeu poñer en valor a novos autores que emerxen xa na nosa Escrita, así como tamén homenaxear a memoria do noso Poeta Ramón Cabanillas. Un acto sinxelo pero coa solemnidade que os actos de recoñecemento da creatividade, merece e necesita.
As premiadas leron parte da suas obras, e evidenciaron a razón da súa seleccion pola calidade que atesouran. Acompañados polo inspector de educación da nosa zona José María Alén, Ramon Caride, Victor Caamaño e os membros do xurado Aurora Souto, Rocio Fondevila, Maria Gómez e Pablo Costa que interpretou maxistralmente ao piano a obra “primeira arabesca” disfrutamos da posta en marcha dun proceso colectivo. Domingo Tabuyo que falou no nome da comunidade educativa do Asorey, recolleu que hoxe premiaban o “saber facer”pero tamén o esforzo e o Compromiso coa lingua e a cultura propia, que serán tamén semente para outros rapac@s que descubrirían grazas a certames coma este, novos camiños creativos. Asimesmo, anunciou a aprobación dun convenio de colaboracion co Concello para asegurar e consolidar este certame.

Poñemos no voso coñecemento que as obras gañadoras do I Concurso Cambados Mar de Letras foron:
RELATO CURTO
• 1º PREMIO: NOELA SANJURJO CARBALLEIRA,
OBRA: TRIPOFOBIA
DO IES ANTONIO FRAGUAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

• ACCÉSIT: ZAIRA REY ORTEGA
OBRA: C.26 ( AMODO DE PRÓLOGO)
DO IES ASOREY DE CAMBADOS
POESÍA:
• 1º PREMIO: PAULA DOMÍNGUEZ BARREIRO
OBRA: REFRACCIÓN DUN CRISTAL
DO IES VALLE INCLÁN DE PONTEVEDRA
• ACCÉSIT: LUCÍA BOULLOSA ÁLVAREZ
OBRA: EL
DO IES ASOREY DE CAMBADOS

4.11.18