27.10.16

VISITA A CIDADE DE PORTO




ORGANIZA:
XEOGRAFÍA E HISTORIA, BILINGÜE

DATA

XOVES 27 E VENRES 28 DE OUTUBRO 2016




PROGRAMA DA VISITA Á CIDADE DE PORTO

DÍA 27, XOVES
Saída en autocar a primeira hora da mañá cara Porto. Chegada 3 horas despois aprox.  Instalación nun céntrico hotel da cidade .
Visita a pé polo centro histórico da cidade visitando:  Catedral, Torre dos clérigos, Palacio da Bolsa, librería Lello e irmao, ribeira do río Douro…  No medio destas visitas parada para comer (non incluida).
Participación na actividade: Story tellers sobre a historia da cidade (en inglés e portugués).
Volta ao hotel e cena (non incluída)

DÍA 28, VENRES
Visita da Fundación Serralves, o museo de arte contemporánea máis importante de Portugal e un dos máis importantes de Europa. Visitaremos as exposicións dedicadas a Joan Miró e aos artistas portugueses contemporáneos.
Comida en Matosinhos (non incluída)
Visita guiada (en inglés) en Gaia dunha adega de viño do Porto.
Volta a Cambados. Chegada aprox. 21-22 horas.

0 comentarios:

Publicar un comentario