2.5.19

DEPORTE NA RUA



Onte xoves día 2 de Maio, o IES Asorey  celebrou en Fefiñáns o Día do Deporte na rúa.
O 25 de Abril, celébrase o Día do Deporte na rúa, e tendo todo preparado, pola climatoloxía adversa houbo que posponer a súa realización, ata esta semana, onde o sol volveu a acompañar o desenvolvemento da sesión.
Os alumnxs de 1º e 2º da ESO, máis  dun centenar deles, realizaron diversas actividades deportivas e xogos na Praza de Fefiñáns. Unha maneira de facer visible a interconexión que nunca deberá perderse entre a cidade e os seus espazos, e o seu disfrute como zona de vida saúdable e de lecer.
Turistas, cambadesxs e membros da comunidade educativa do Asorey, acompañaron o desenvolvemento desta actividade, que modificou a rutina habitual da zona de Fefiñáns.
Baixo a coordinación do Profesor Pablo Cuervo, ao longo de dúas horas, a música e as prácticas deportivas, puxeron cor e alegría nun espazo emblemático do noso Concello



0 comentarios:

Publicar un comentario