9.5.19

ARTSOREY 2019




Este venres 10 de Maio de 2019, ás 20 Horas, inauguraremos en EXposalnés, en Cambados, a III edición de ARTSOREY., este ano co título de Tempos Maiores. E facémolo en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Cambados, a quen lle agradecemos a súa colaboración e apoio.

Como sabedes xa de edicións anteriores, consiste nunha mostra  colectiva de Alumnado, Profesorado e Artistas convidados, con obras centradas ou orientadas a ese nexo común que , neste caso, é a terceira idade.

Está estructuradas en diversas seccións que apostan enfoques complementarios da idea común. Así:

·       DeFotos, que compara fotos antigas, do arquivo de Adela Leiro, con fotos modernas do mesmo espazo, feitas por Maribel Iglesias.

·       Interpretarte, con obras que recrean cadros clásicos baixo a visión de alumnxs de 2º da ESO c

·       Proxección da pirámide de Poboación de Salnés 2033, feita por alumnado de 3º ESO B

·       DeMilOlladas, cámaras de fotos e proxectores antigos, da colección de Pilar Castro.

·       Proxección do vídeo: O vello que foi un neno que soñou cun tesouro… Vídeo Submarino de Angel M. Rey e Francisco Ventoso.

·       Exposición de cadros de diversos de profesorxs, alumnxs e artistas colaboradores: Gerardo “Chere”, Gago, Susana Suniaga, Victor Fernández Mouriño, Gemma Pérez Feijóo, autora do cartel, e moitxs máis.

·       Proxeccións de sombra, fotos de Mariña Chaves, alumna de 1º bach.

·       Microrrelatos entorno a unha imaxe, unha selección de obras de Marcos, Lucía e Julia Boullosa; Diego Luezas, Alba Vázquez e Xaquín Arenaz.

Asimesmo, haberá un viño de inauguración e uns petiscos para compartir unha nova edición de Artsorey e poder comentar e disfrutar das diversas aportacións artísticas da nosa Comunidade Educativa. Pensamos, creemos e defendemos que, as moitas capacidades do noso colectivo do Asorey, debe ser mostrado e coñecido fóra do recinto escolar.

O acto contará con actuacións musicais. Cris Presas e os seu violonchelo, e a nosa compañeira Aurora Souto e o grupo XámalleXe, que porán a harmonía imprescindible para que todo resulte perfecto.

Contamos con vós : O Venres 10 ás 20 horas. Sabedes que os medios de comunicación sodes importantes para nós.



0 comentarios:

Publicar un comentario